Xornadas de Música Contemporánea 2015: Resonancias en movemento
Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio de Danza de Lugo + Grupo de Percusión do Conservatorio de Música Xoán Montes
Duración, intensidade, altura e timbre: estes son os catro parámetros do son como fenómeno acústico considerados e estudados tradicionalmente, pero a estas catro calidades hai que engadirlles unha máis, que toma vida e emerxe no contexto dunha sala ou espazo concreto, a resonancia.
Resonancias en movemento é un espectáculo didáctico de música e danza para público xuvenil e familiar que reflexiona sobre as diferentes formas nas que a resonancia pode ser tratada e abordada, así como os reflexos que poden inspirar na danza. Música e danza camiñan xuntas na busca dunha sinerxía que converta sensacións paralelas (ondas sonoras e movementos) nun todo máxico.
Programa:
Elliot Cole (1948)
Postlude núm. 5 (2012)
vibráfono a oito mans
Rusell Peck (1945-2009)
Lift off (1966)
trío de toms
Owen Clayton Condon (1978)
Fractalia (2011)
dúas marimbas e toms
Nigel Westlake (1958)
Hinchinbrook Riffs (2003)
marimba e sistema de delay
Stuart Saunders (1948)
Smith Evensong (1997)
lira
Elliot Cole (1984)
Postlude núm. 8 (2012)
vibráfono a oito mans