TRIATREROS: Listo para sentenza
Dirección: Sergio Macías
Elenco: Tone Martínez, Bea Campos, Omar Ferrín e Martín Martínez
España. Futuro próximo.
Mariano Soutelo é un respectado home de negocios, propietario do Grupo Petrogal e de varias empresas líderes en diversos sectores como Soutelo Enterprise. Soutelo é considerado pola revista "Forbes" un dos homes máis ricos do mundo. Un exemplo dun home feito a si mesmo, de como a partir dun golpe de sorte -o achado dun xacemento petrolífero na horta familiar-, construíu o lucrativo conxunto empresarial máis importante de Europa.
Tras o asasinato dun empregado nunha das súas gasolineiras o nome do empresario foi relacionado con algún dos casos de corrupción máis relevantes do país sen que tivese que render contas coa xustiza. Ata o momento...
Pero, quen é realmente Mariano Soutelo?
Listo para sentenza non é un relato histórico, senón unha comedia sarcástica que podería ter acontecido... ou, quen sabe? quizais aconteceu e aínda non o descubrimos.