BALLETNORTE en coprodución co CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO: Atlántica
Dirección: Juan Miguel Hernández
Atlántica é unha peza coreografiada por Juan Miguel Hernández con música orixinal, composta para esta produción por Ismael Berdei e vai acompañada de contidos audiovisuais deseñados por Pixel Films.
Trátase dunha recreación de estilo neoclásico, inspirada nos poetas do Rexurdimento literario galego e como homenaxe á súa achega á nosa cultura. A través dunha visión contemporánea, a obra busca facerlles partícipes aos espectadores de soidades, temores, amores e desamores, tomando como punto de partida un fragmento da novela de Manuel Murguía ‘La mujer de fuego’.
Ao tempo, o título ‘Atlántica’ fai referencia á importancia que o mar ten para Galicia, tanto como medio de vida, vínculo entre culturas e nexo de unión co continente americano debido á emigración.
Elenco: Silvana Sestelo, Julia Méndez, Ailén Ramos, Juan M. Hernández, Miguel A. Ponte, Rosalía Vázquez, Iago Alonso, Dyron Valdés, Fernando Piñeiro, Noemi Trincado, Paula Ripol, Yolanda Pérez, Lidia González e Luisa Isabel VázquezDeseño de luz: Antón Cabado
Deseño da escenografía: BalletNorte
Son: Hugo Peñamaría
Produción: Paloma Pérez Colomer
Produción técnica: Jesús R. Arias(CCG)
Axudante de produción: Pilar Peña (CCG), Fernanda Flores
Audiovisual: Pixel Films
Mestra de Ballet: Belén Vázquez, Beatriz Ponlla
Pianista: Roberto Beceiro
Vestiario: Milagros Reimúndez, Cristina Cordido
Fotografía e produción gráfica: Manuel Lemos
Vídeo: Antonio Cid
Distribución: Rebeca Caamaño Prol