Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Xornadas de Música Contemporánea 2015: Zoar


No século X, Byrhtferth de Ramsey, un monxe inglés de entre os máis eruditos e influentes da Inglaterra medieval, relacionou nun enigmático diagrama os catro elementos, as catro estacións do ano, os doce meses, as doce fases da lúa, os doce signos do zodíaco, os doce ventos e as catro idades do home…

Desta idea de interrelacionar conceptos tan diversos como próximos, xorde Elementa!, iniciativa do quinteto Zoar con música expresamente composta polos galegos Fernando Buide e Federico Mosquera para un proxecto no que se conxugan tres disciplinas artísticas co obxecto de crear un espectáculo profundo e intenso, cheo de forza e temperamento, sutileza e intimidade, coa ollada posta na maxia do primixenio de tan evocadora temática.

A música, composta expresamente para este proxecto polos compositores Fernando Buide e Federico Mosquera será interpretada por Zoar. A parte visual do espectáculo correrá a cargo de Ana Inés Jabares, quen creará a escena que Alfonso Rivera e Xiana Vilas, a través do teatro físico, encherán de dinamismo.

Programa:
Federico Mosquera Martínez (1965)
Ignis et Terra * (2015)

Fernando Buide del Real (1980)
Aqua et Aer ** (2015)
Elementa!, a máxica forza primixenia dos elementos
ZOAR: quinteto de ventos
ALFONSO RIVERA: teatro físico
XIANA VILAS: teatro físico
ANA INÉS JABARES: escena

Produción: inVentos

zoar

Datas anteriores

20 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada gratuita, previa retirada de entrada no despacho de billetes