Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

WOSINC: Voltage Opposites (18.45 h) + Quimera Rosa (20.45 h)


WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a busca e difusión de novas propostas culturais.

Como un dos espazos do WOSINC, o Salón Teatro acollerá as actuacións de:

Voltage Opposites. 18.45 horas

A artista visual Adriana Pazos, a bailarina e coreógrafa Paula Quintas e o artista sonoro Xoán-Xil López forman Voltage Opposites, unha compañía que desenvolve diversas liñas de investigación en torno á relación entre a danza contemporanea, o video en tempo real, a experimentación sonora e o emprego de novas tecnoloxías. Micro Impactos é unha síntese de todas estas linguaxes nas que buscar unha relación entre o corpo físico, dixital e sonoro.

Quimera Rosa. 20.45 horas

Quimera Rosa é un laboratorio de experimentación e investigación sobre identidades, corpo e tecnoloxía, e o seu traballo ven de ser presentado en rúas, centros de arte, universidades, museos, centros ocupados e festivais. Herdeiras dos descursos transfeministas e postidentitarios, elas fan do seu corpo unha plataforma de intervención pública, xerando rupturas na frontera entre o público e o privado.

O seu espectáculo Sexus 3, facendo un guiño a A Pianista de Elfriede Jelinek, revisita o universo de Blade Runner facendo confluir o body noise en directo, o sexo gender hacking, corpos mutantes, código e próteisis para poñer a proba a empatía do espectador.

Para asistir aos distintos eventos é preciso o cambio da entrada por pulseira na xanela, permitindo esta a entrada a todos os espazos do festival ata completar a capacidade da sala.

Podes mercar o teu abono ou entrada e informarte sobre as condicións de adquisición aquí: http://wosinc.workonsunday.es/venta-de-entradas
Voltage Opposites

Datas anteriores

12 de setembro
/// 18.45

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)