Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Encontro Artes pola Integración

Mostra das residencias artísticas de fusión e exploración en danzas do mundo

Grupo de Teatro da ONCE
Dirección: Lino Braxe

Posta en escena de 6 pezas de 15 minutos cada unha, resultantes dos traballos exploratorios da semana entre grupos de diferentes lugares: Galicia, India, Arxentina, países árabes... Este encontro partirá dunha residencia artística na aldea de Boán en Chantada no mes de xuño onde se presentará o traballo final.

A actuación do grupo de teatro da ONCE, dirixido por Lino Braxe, enmárcase dentro das actividades de artes escénicas do programa do Encontro de Artes pola Integración, que se celebra en varios puntos de Compostela, como a Cidade da Cultura de Galicia, o Salón Teatro e rúas da cidade.
artes_integracion

Datas anteriores

26 de xuño
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada libre