Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ArtesaCía: Balor na acción dunha cadeira

Dirección, escenografía, vídeo en directo: Roi Fernández
Elenco: Laura Villaverde, Simón Piñón, Gustavo Fouce

Roi recibe unha vella película procedente de New York. Na lata, unicamente unha etiqueta: "Sociedade Sada e Contornos, 1920,". A mesma sociedade de emigrantes á que pertencía o seu bisavó. Mordido pola curiosidade, leva a película ao Laboratorio de Reconstrución Fílmica. Unha nena bailando sobre unha cadeira é o único que mostran os poucos fotogramas que sobreviven ao mofo e á humidade. O resto haberá que imaxinalo.

O proceso de reconstrución da vella película irá revelando os momentos esquecidos, os movementos borrados, os sonos enterrados dos antepasados que forman a orixe de Roi, espertando a necesidade de coñecer o seu propio pasado. Unha dinastía esquecida, formada por xentes que simplemente bailaban sobre unha cadeira...

A partir das hipóteses e reconstrucións actorais dos baleiros da película, Balor na acción dunha cadeira revisa a nosa tradición migratoria máis oculta, reflexionando sobre a multiciplidade da historia, a educación, a cultura ou a relixión... por medio dunha linguaxe contemporánea, unha posta en escena vangardista na que se combinan o documental, cine en directo, o video mapping, a iluminación e a composición sonoro nun proceso de creación multidisciplinar.

+ info: http://srpause.wix.com/balor
Dramaturxia: Roi Fernández sobre o traballo de viewpoints e composición de Artesa Cía
Deseño de iluminación: Héctor Pazos, Roi Fernández
Espazo sonoro: Madamme Cell
Vestiario: Érica Oubiña
Produción: ArtesaCía

Ligazóns relacionadas:
Balor na acción dunha cadeira

Datas anteriores

20 de maio - 21 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

20 de maio - 21 de maio
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)