VÍA SEIS: Amor en 3D
Texto e dirección: Jose Prieto
Elenco: Susana Álvarez, Celia González, Daniela Rodas
A compañía Vía Seis debuta con esta comedia cinematográfica posromántica na que tres mulleres en paro deciden facer unha película de amor e rematan facendo catro:
As pontes de Madison,
Notting Hill,
Titanic e
Amor en 3D.
Se non viron vostedes as tres primeiras ou lles gustaría volver a velas en versión mellorada, esta é a ocasión perfecta. Se din vostedes que viron a cuarta é que están mentindo descaradamente, xa que esta é a súa estrea mundial e é imposible pirateala.
Catro historias de amor polo prezo de unha. Isto é
Amor en 3D.