Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TALÍA TEATRO: Demolición

Autoría, dirección e dramaturxia: Cándido Pazó
Elenco: Toño Casais, Artur Trillo

Dúas persoas aparentemente antagónicas coinciden, por casualidade, como curiosos espectadores da demolición duns apartamentos construídos en primeira liña de praia que, despois de anos de litixios e demoras, teñen que ser derrubados por mandato xudicial. E mentres esperan, e conversan sobre a próxima demolición, deseguida van repasando as súas vidas, as súas alegrías, as súas frustracións, as súas maneiras de afrontar a vida...

Talía Teatro presenta unha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo.
Deseño de escenografía e cartel: Carlos Alonso
Deseño de vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Fotografía: Rubén Prieto
Deseño de iluminación: Dani Trillo
Produción: Auri Ferreiro
Axudante de dirección: Diego Rey
Duración: 1 h. 30’

Ligazóns relacionadas:
demolicion

Datas anteriores

14 de maio - 17 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)