CDG, TEATRO NACIONAL DE CATALUNYA e CATRO CADEIRAS: Ganas de ouvear (Ganes D’udolar)
En galego con fragmentos en catalán
Dramaturxia e interpretación: Joan Giralt, Dani Salgado
Dirección: Dani Salgado
Giralt e Salgado, dous profesores dunha escola de arte dramática, reciben a encomenda de cotitorizar un proxecto final de carreira que ten como referente o texto
Hipatia, de Alfonso Pexegueiro. A natureza poética do texto provoca un forte rexeitamento en Salgado, mais non pode renunciar ao traballo.
Por outra banda, Giralt quere fuxir da escola e, para tal fin, está preparando un curso de ferramentas didácticas aplicadas a textos poéticos, tomando como referentes tanto a obra de Narcís Comadira como a filmografía de Jean-Luc Godard. Ao longo da peza veremos como evoluciona a preparación do curso, así como o proxecto
Hipatia. Os dous traballos permitirán que os profesores se confronten coa súa función como docentes e coa maneira na que contemplan tanto a poesía como a arte do teatro.
Sobre textos poéticos de Alfonso Pexegueiro e Narcís Comadira
Espazo escénico, iluminación, vestiario, gráfica e vídeocreación: Laura Iturralde, Montse Piñeiro
Produción executiva: Juan Carlos Corredoira
Temas musicais: Cró!, Trilitrate
Textos: Narcís Comadira, Joan Giralt, Alfonso Pexegueiro, Dani Salgado
Ligazóns relacionadas: