Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ELEFANTE ELEGANTE: Kassa

Teatro xestual. Espectáculo sen palabras con breves textos en galego

Dirección: María Torres, Gonçalo Guerreiro
Elenco: Alfredo Muíño, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Marta Alonso Tejada, Javier Pérez Piñón

KASSA reflicte a temática da vivenda. No inicio da acción a sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo envolto en papel colorido, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. Pero un día esgótanse os recursos económicos colectivos e a família deixa de poder pagar as prestacións do seu soño. Que sorpresas lles reservará o futuro?

KASSA é un espectáculo de teatro visual, inspirado en "La Metamorfosis" de Franz Kafka, que se desenvolve ao redor dos principios da escultura. A estrutura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, das luces e dos textos.

Técnicas como o video-mapping, a capacidade de xiro da estrutura escenográfica e o uso do live cinema dotan ao espectáculo dun dinamismo moi estimulante que envolve o espectador na emoción da acción.
Autoría: María Torres e Gonçalo Guerreiro (inspirado en "La Metamorfosis" de Franz Kafka)
Dirección de Movemento: Fredi Muíño
Escenografía: Carolo Losada Soto
Carpintería de escena: Javier Pérez Piñón
Música: Mano Panforreteiro, Mónica de Nut, Suso Alonso, Iria Pinheiro, Juanma Ons, Manuel Ares, Kibitka, Carlos Suárez, Dani Pais, Gonçalo Guerreiro
Coreografías: Ánxela Blanco
Vestiario: Marcia Edletitsch
Atrezo: Elefante Elegante
Maquillaxe: Elefante Elegante
Iluminación, son e vídeo creación: Dani Pais
Deseño de interior: Susana Castro

kassa

Datas anteriores

2 de febreiro - 4 de febreiro
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

1 de febreiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

30 de xaneiro - 31 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)