TEATRO BRUTO: O amor dos infelizes
En portugués
Autoría: Valter Hugo Mãe
Dirección e adaptación: Ana Luena
Esta é a historia dunha muller anana que vive á sombra da piedade dos habitantes dun pequeno pobo do interior. A anana, que mide só uns oitenta centímetros, torpe e ruda, sempre xemendo de dor, é para outras mulleres como un ser rastreiro, como unha nena que nunca crece.
A súa existencia limítase aos ollos dos demais, á súa deformidade, a súa monstruosidade. Vive das sobras das persoas grandes, do amor posible, o amor dos infelices.
A posta en escena deste monólogo da actriz Margarida Gonçalves está construída a partir do segundo capítulo do romance
O filho de mil homens, de Valter Hugo Mãe. Margarida Gonçalves, que intervén regularmente nos espectáculos da compañía Teatro Bruto, incorpora aquí a figura dunha enana, explorando territorios entre a personaxe e o seu narrador, onde é espectadora de si mesma e dos acontecementos da historia que narra e, simultaneamente, vehículo dos sentidos máis amplos e complexos que o texto propón.