TEATRO DO MORCEGO: Diálogo do can co seu amo
"Sobre a necesidade de morderlle aos amigos"
Autoría: Jean Marie Piemme
Dirección e adaptación: Celso Parada
Un porteiro dun hotel de luxo, que vive na precariedade da rúa, atópase cun can ao que lle gusta interromper o tránsito e provocar accidentes. Estes dous inadaptados, un xeneroso e outro cínico, van iniciar un diálogo sobre o estado do mundo para finalmente descubrir a tenrura na voz dunha nena. Como dous
clowns que denuncian a hipocrisía dunha sociedade, que se indignan con irreverencia contra o mundo no que vivimos. Unha sátira contra a estupidez e o egoísmo. UNHA SÁTIRA SOBRE A CRISE QUE MORDE CON SAL E HUMOR nas conciencias dos amigos para espabilalos".