EMILIO RÚA: Destino Sur
Presentación do disco "
Emilio Rúa, cos seus trinta anos no mundo da música, presenta no Salón Teatro o seu recente quinto disco "Destino Sur".
O son do sur de Estados Unidos entrelázase coa música tradicional do sur de Galicia para ofrecer unha delicada mestura que equilibra a modernidade coa tradición mais senlleira na música galega.
Carlos Blanco, será o mestre de cerimonias deste espectáculo e mesmo interpretará a medias algún dos éxitos do autor galego. O cantautor ourensán estará acompañado ademais por A Banda, os seus músicos dende xa fai tempo, que tecen con mestría cada unha das composicións e que fan que o espectador sexa testemuña dun espectáculo cargado de melodías e tenrura, de delicadeza e de enerxía que medra son a son e canción a canción ata crear un directo único e irrepetible.