XIII Festival de teatro afeccionado Agustín Magán: Desencaixados
Compañía: O Aturuxo de Melpómene
Dirección: Pablo Sánchez (Pablísimo)
Desencaixados (esperpéntica crise) é un espectáculo traxicómico que reflexiona sobre a crise -solución non aportamos ninguna, aínda que quizais na propia reflexión estea a solución. Na posta en escena utilizamos materiais "pobres" como o cartón, o papel, o trapo- e os recortes afectaron mesmo ao vestiario, tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade ... Aínda que nos non estamos seguros de que é máis esperpéntico: A nosa montaxe ou a nosa realidade actual.
As entradas, ao prezo de 4 euros, poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal, de martes a sábado de 18.00 a 21.00h., e na billeteira do Salón Teatro, o día de función desde dúas horas antes do comezo. Tamén está á venda un bono para 4 funcións ao prezo de 12 euros.
Intérpretes: Juanín Ares Gondell, Iván González, María Veiga, Agustín Bolaños, Óscar Manso e Tere Rúa
Axudante de dirección: Chus Prieto
Deseño gráfico e de iluminación: Quique Vázquez
Iluminación e son: Ana Loredo e Xosé Manuel Felpeto
Arranxos de vestiario: Gena Hernández e Yoli Lozano
Arranxos de son: Iván González
Produción: Iván González, Óscar Manso, María Veiga
Distribución: O Aturuxo de Melpómene
Boneco e o seu atrezzo: VIRAVAI
Duración: 1h 20 min.