XIII Festival de teatro afeccionado Agustín Magán: A casa pechada
Compañía: Nostrum Cai
Dirección: Lola Fernández
Tres irmás privadas de liberdade desatan celos e paixóns. Desafían a moral establecida e o despotismo dunha nai que se interpón entre elas e os homes. O intento por quebrar a tiranía da nai á que non poden vencer leva a un destino tráxico.
As entradas, ao prezo de 4 euros, poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal, de martes a sábado de 18.00 a 21.00h., e na billeteira do Salón Teatro, o día de función desde dúas horas antes do comezo. Tamén está á venda un bono para 4 funcións ao prezo de 12 euros.