TEATRO MUXICAS: A visita da vella dama
Grupo de teatro da delegación da ONCE en Ourense
Dirección: Melania Cruz
Güllen é un pobo miserable e decadente situado nalgún lugar de Europa no que os seus habitantes, sumidos nunha terrible crise, pasan os días lembrando con nostalxia os fermosos e vellos tempos.
A localidade agarda con impaciencia a visita da súa filla máis ilustre, a multimillonaria Clara Zachanassian, como vía de salvación para rematar coas súas débedas.
Á súa chegada, Clara anuncia que está disposta a axudar á reactivación da economía de Güllen con 1.000 millóns, o que suporía o seu florecemento e convertería en ricos a todos os cidadáns, pero a condición que a millonaria pide a cambio dos cartos enfróntase con todos os ideais herdados dos seus antepasados.
Ficha artística:
Dramaturxia: Tito Asorey, en base ao texto de Friedrich Dürrenmatt
Elenco: Mari Carmen Fernández, Severino Pérez, Aída Saíz, Marina Araújo, Paco Rodríguez, Ricardo Rodríguez, Chcechu Salgado, Andrea Cid, José Luis Iglesias
Escenografía: Luis Iglesias "Luchi"
Vestiario: Yaiza Pinillos
Iluminación: Tito Asorey
Axudantía de dirección: Tito Asorey e Andrea Cid