Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Descubrindo aos Trintas de Trives


Organizado polo Proxecto de Recuperación Musical coa colaboración do Centro Dramático Galego, este concerto pretende dar a coñecer a música de Os Trintas de Trives, unha agrupación de gaiteiros ourensáns cuxo nacemento establécese a finais do século XIX, coincidindo coa chegada á vila ourensá do músico coruñés Ricardo Courtier (1865-1922).

A finais da década de 1880, Courtier despois de percorrer a grande parte da xeografía española establécese en Pobra de Trives, non só como músico, senón como director e fundador de diversas agrupacións, entre as que se atopan os famosos gaiteiros Os Trintas, arranxando e compoñendo obras que os Álvarez se encargarán de interpretar e trasladar nas súas tournées.

Acadan tal sona que son requeridos desde Cuba, para onde se embarcan a finais de 1910, participando no Centro Galego. Esta viaxe e a recepción dos exóticos ritmos de ultramar fan que pouco a pouco o seu repertorio vaia incluindo ritmos foráneos (rumbas, tangos…) que se amalgaman coa música máis tradicional. A súa traxectoria tamén os levará a Barcelona, Madrid, Bilbao, Astorga,… incluso chegaron a participar no acto de proclamación do monarca Afonso XIII.

Os Trintas de Trives constitúen para a música galega un claro referente: por unha parte no que respecta a un tipo de agrupación estable, o cuarteto de gaita, requinto, caixa e bombo; por outra parte en canto ao versátil repertorio configurado por obras compostas expresamente para a agrupación por un compositor de sólida formación musical, arranxos de obras musicais de moda en España e Europa (zarzuelas, polkas, valses, …) ou aquelas de máis fondo sabor popular.

Catro persoeiros no mundo da música galega serán os responsables de achegarnos e de recuperar a música destes senlleiros gaiteiros ourensáns:

Oscar Ibáñez (gaita)
Fernando Abreu (clarinete en mi b - requinto)
Andrés Vilán (caixa)
Julia Feijóo (bombo)
trintas_trives

Datas anteriores

26 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

26 de maio
/// 12.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)