Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

MALASOMBRA: Smoke City

Autoría: José Luis Prieto
Dirección: Marcos Orsi

Benvido a Smoke City, pero coidado! Smoke City é o paraíso do fume, sobre todo do fume dos cigarros. As mafias do tabaco dominan a cidade, dirixidas polo seu capo, o pérfido Silvio Nicotini. Jon Calquera é un cidadán máis, que como moitos outros, cae vítima dos sinistros plans de Silvio Nicotini. Bob Cleaner é o detective que trata de salvar a Jon Calquera e rematar para sempre coas mafias do tabaco.

Smoke City é unha historia de acción, unha aventura urbana de gansters e policías, un cómic teatral do xénero negro, negro como o aire de Smoke City, negro como os plans de Silvio Nicotini, e negro como os pulmóns das súas pobres vítimas.

Benvidos a Smoke City, pero coidado, porque pode danar gravemente a súa saúde.

Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria dos consumidores, e, sobre todo, os beneficios de levar unha existencia limpa, sen dependencias, que permitan realizar un monte de actividades libres de ataduras físicas e psíquicas, que, ao fin e ao cabo, é todo o contrario de vivir atrapado, atado, encadeado a un pitillo, como é o desexo do malvado Silvio Nicotini.
Ficha artística
Elenco: Xoque Carbajal, Alberto Rolán, Jouse García e Mon Orencio

smoke_city

Datas anteriores

20 de maio - 21 de maio
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)