Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

"Vinte" O Musical do Coro da Ra


"Vinte", o musical do Coro da Ra é un divertimento en forma de musical, con guión de Simone Negrín, que pretende ser unha homenaxe ás persoas que formaron parte do coro durante todos estes anos, e tamén a toda a xente que nos vén apoiando desde entón.

O guión do espectáculo desenvólvese sobre anécdotas e historias do coro que desvelan en clave de humor como é o funcionamento desta formación que recentemente cumpriu vinte anos de vida. A nosa filosofía pódese resumir coa frase dun dos protagonistas: "Neste coro pasan cousas raras"... E pasan, si. Cantamos en recunchos de prazas e rúas inhóspitas de calquera vila ou cidade, pero tamén en grandes teatros ou platós de televisión. Disfrazámonos de curas ou monxas irreverentes, perroflautas astronautas, executivos agresivos, enfermos imaxinarios, predicadores alborotadores, camareiras cantareiras ou do que faga falta en cada momento para levar a cabo un "concerto comando", e todo co fin de pasalo o mellor posible abrindo o noso espectáculo á rúa, mesturándonos coa xente e facéndolles sentir que a música é de todas/os e que se pode gozar dela en calquera lugar e circunstancia.

Todo isto é "Vinte", onde todo (excepto a iluminación), está feito por membros do coro.

E que sigan pasando cousas raras (para normalidade xa están outros), como mínimo, vinte anos máis, que como di o tango: "Veinte años no es nada".

Mentres tanto, celebremos o presente e ter chegado, grazas a vós, ata aquí.

Vinde ver "Vinte" !!
coro_ra

Datas anteriores

24 de maio
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

23 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)