CENTRO DRAMÁTICO DE ÉVORA (CENDREV): Autos da Revoluçao
Circuíto de intercambio teatral Troco x Troco
Textos: António Lobo Antunes
Dirección: Pierre-Etienne Heymann coa colaboración de Rosário Gonzaga
Autos da Revolução é un espetáculo que presenta os relatos de sete personaxes que recordan o seu 25 de abril e conta o que lles aconteceu.
Un operario de mudanzas, unha burguesa piadosa, a esposa dun contra revolucionario, un militante político que foi prendido en Caixas, unha campesiña explotada nunha quinta, un banqueiro e a gobernanta do dono da quinta. Desta confrontación nacen por certo preguntas inevitables como o paso do tempo e os acontecementos que sacoden o país actualmente.
Coa revolución de Abril, non foi conquistada só a liberdade e a democracia política, creáronse tamén condicións para notables avances da civilización que hoxe se están profundamente a dilapidar.
Ficha artística:
Escenografía e Figurinos: Elsa Blin
Direción musical e sonoplastia: Gil Salgueiro Nave
Iluminación: António Rebocho, asistido por Sergio M. Santafé (Instituto del Teatro de Barcelona)
Elenco:
O Escritor: Un espectador convidado
Abílio, operario de mudanzas: Mário Spencer
Sofia, burguesa: Rosário Gonzaga
Mimi, esposa dun contra revolucionario, surda: Maria Marrafa
O Militante, antigo preso político: Bruno Martins
A Filla do caseiro do doutor (sogro de Sofia): Tânia da Silva
O Banqueiro, tío de Sofia: Jorge Baião
Titina, governanta do doutor: Rosário Gonzaga
Voz: Rui Nuno