Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Concerto de música folk: aCadaCanto

Presentación de disco


aCadaCanto, o proxecto conxunto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, canta a Rosalía de Castro en "A rosa d’Adina".

O pazo de Arretén, a igrexa de Bastavales, Bonaval, o Santuario da Barca, as fontes de Ortoño ou os regatos de Laíño... Cantar a Rosalía é comoregresar á segunda metade do século XIX para inzar de novo eses lugares dos cantares que ela mesma escoitou e que inspiraron esa obra da que celebramos 150 anos de gloria.

A humilde empresa de aCadaCanto, como músicos de hoxe, é perpetuar a palabra de Rosalía precisamente onde reside a lírica popular, na memoria colectiva. Esa que sabe e ás veces non sabe de quen sabe.
Ficha artística:
Textos: Rosalía de Castro
Músicas: aCadaCanto
Discográfica: Músicas de Salitre
Guadi Galego: voz
Xabier Díaz: voz
Guillerme Fernández: guitarra
Xosé Lois Romero: acordeón

a_rosa_d'adina

Datas anteriores

9 de maio
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)