GALLAECIA BIG BAND: Gallaecia All Stars
Gallaecia Big Band é un proxecto do director musical e pianista Cristian Leggiero que rende homenaxe ás grandes Big Bands como as de Glen Miller, Duke Ellington, Count Basie ou Frank Sinatra, e o fai dunha forma amena con gags, sketches e monólogos, co fin de achegar o Jazz ao público de Galicia.
A calidade musical, elegancia e distinción, son as súas marcas, cun repertorio de antano moi coñecido: clásicos do swing, boleros, chachachás, mambos, etc.
No espectáculo
Gallaecia All Stars, que presentan no Salón Teatro, ademais de trece músicos de gran nome dentro do panorama musical galego e dous cantantes, Paty Lesta e Sergio Zearreta, contan coa colaboración de dous convidados estrela como son Sito Sedes e Luis Iglesia.
Todos os temas que interpreta a Big Band son arranxados polo seu director Cristian Leggiero.