Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CCG: Full House

Coreografía: Johan Inger
Produción do Centro Coreográfico Galego

En Full House o corpo de baile do Centro coreográfico Galego (CCG) executa -durante os 30 minutos de duración da peza- un traballo introspectivo realizado coa base sonora de distintos fragmentos da música folclórica húngara de Lajkó Félix.

A interpretación irá precedida no programa da reposición de Magnificat, peza tamén de estilo contemporáneo deseñada en 2011 por Amaury Lebrun, coreógrafo francés habitual colaborador do Centro Coreográfico. Lebrun, que na actualidade traballa na montaxe dun ballet coa Ópera de Sídney, creara Magnificat como parte do espectáculo 3Dtres, no que recreaba un mundo de contrastes no ámbito da historia da danza, coa utilización do tutú romántico en contraposición aos movementos máis actuais.

Con Full House o CCG súmase ao conxunto das destacadas compañías de todo o mundo que incorporan ao seu repertorio as pezas deste coreógrafo sueco, que estreou para o NDT2 o pasado 6 de marzo B.R.I.S.A., a última montaxe de Inger, na actualidade de xira por toda Holanda. Tamén a Compañía Nacional de Danza levou a escena en 2012 Walking Mad, outra das súas exitosas coreografías que xa estreara en 2001 o Nederlans Dans Theater xunto ao Lucent Danstheater da Haia.
Corpo de baile: Àstrid Molinero, Juan Hernández, Paula M. Montoya, Ailen Ramos, Carmen Aparicio, Ana Serantes, Carlos Huerta, Jesús Benzal, Miguel A. Ponte, Rubén Ventoso, Raquel Santacruz e José Luis Cibreiro
Dirección: Mercedes Suárez

full_house

Datas anteriores

7 de abril - 8 de abril
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)