Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO DE NINGURES: Pegadas

Textos de Suso de Toro, Anxós Sumai, Benito Pérez Galdós, Manuel Pazos, Euripides e Laila Ripoll
Elenco: Casilda Alfaro

Cada pegada é o recordo dunha obra, dunha escena, dun personaxe. Pegadas que quedan na memoria. Son mulleres, mulleres e un home, que viviron momentos nun tempo, mais que non se foron de todo, quedaron sempre as melodías das súas voces e andan anicadas por algún agocho, e ás veces falan así, por sorpresa, para volver ao seu recuncho de seguido. A peza pretende propiciar a reflexión e a análise do pouso que deixan algúns momentos vividos e compartidos.

Música orixinal e deseño son: Anxo Graña
Iluminación: Salvador del Río
Escenografía: Ningures Producións
Fotografía e deseño: Diego Seixo
Adaptación: Casilda Alfaro
Dirección: Etelvino Vázquez
Duración: 60’
Idioma: galego

pegadas

Datas anteriores

6 de febreiro - 7 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 10 euros. Bono teatro galego (5 obras a escoller): 35 euros