TEATRO BRUTO: O que vai na cabeça do menino Manuel
Colaboración co Concello de Santiago
A partir de textos de Manuel António Pina
Dirección: Ana Luena
O que vai na cabeça do menino Manuel xorde dun convite de Rute Pimenta, programadora do Serviço Educativo do Teatro do Campo Alegre, para dirixir un recital de poesía a partir dun conxunto de poemas seleccionados polo poeta Manuel António Pina e dirixido a un público infantil. A proposta de dirección do espectáculo estivo inspirada polo universo que atravesa todos os poemas desa selección e se asenta nunha idea simple da creación dun recital. A composición dos textos que propoñemos crea a ilusión dunha historia que vai sendo inventada e contada durante a presentación do espectáculo. Partindo da idea de que a poesía está gardada en cada un de nós, como un paxaro que canta dentro da nosa cabeza, ofrécese a nacer e a desnacer e vai emerxendo naturalmente no xogo teatral.
Apropiámonos das palabras do autor e da súa poesía, que nos conquistou de inmediato, sendo o noso maior desexo que as súas palabras e a nosa creatividade atesten da mesma forma ao noso público que abrazamos neste momento que é o do teatro.
Un espectáculo musical onde un actor e un músico teñen a misión de presentar un recital de poesía, mergullándose nun universo infantil de brincadeira e de aprendizaxe, no mundo secreto e onírico das palabras e dos números. Eles inventan códigos, personaxes imaxinarios e xogos, mentres os poemas se liberan da cabeza do neno Manuel.
Ana Luena/Teatro Bruto