PAULA ROJO: Presentación do disco "Érase un sueño"
Ciclo Íntimo & Acústico do Concello de Santiago
A cantautora asturiana no seu novo traballo combina baladas convencionais con cancións nas que sobresaen arranxos tomados da música que ama, a mesma que practicaba Johnny Cash. Todo iso envolto nunha voz doce e moi xuvenil, a que corresponde aos seus 22 anos.
Paula Rojo cativounos a todos na súa primeira actuación o talent show "La Voz", logo reafirmouse ante toda España, co seu primeiro sinxelo "Solo tú" que debuto Nº 1 de ITunes e mantívose mais de vinte semanas entre nas cancións máis descargadas en España. Agora Paula Rojo presenta o seu álbum debut "Érase un Sueño", un álbum en clave musical country-pop, no que poderás descubrir o seu excepcional talento en 12 cancións, que son unha especie de diario de viaxe. "Érase un sueño" o álbum debut de Paula Rojo gravouse en Madrid nos Estudos Peer, Dalamix, 360 Globalmedia estudios e Blue Moon Estudios e foi producido por Jose Luís de la Peña e coproducido por Juan Carlos Fuguet. No disco colaboraron músicos da talla de Ramón Arroio (Los Secretos), Juan Carlos Fuguet ou Raúl Márquez ao violín. As mesturas correron a cargo de Felipe Guevara.
Desde que se editou o álbum, estivo nos primeiros postos da lista de discos mais vendidos. "Érase un soño" é un diario musical a través do cal comparto co público historias da miña vida. O repertorio tamén representa unha viaxe ao longo dos meus 22 anos e cada canción representa unha etapa que, á súa vez, esconde un soño: o soño de volver á infancia para gozar da liberdade de ser pícara; o soño de ver crecer a esa personita tan importante para ti; o soño de tomar outro café con esa amiga que non ves desde fai meses; de volver a aquela tarde na que che namoras por primeira vez; o soño de manter un amor imposible de verán; de repetir ese primeiro ano de universidade na residencia de estudantes; o soño de atopar ao mozo perfecto; de percorrer o mundo con el; de volver bailar ao ritmo desa canción; o soño de cruzar o charco; de non separarte demasiado dos teus mellores amigos; de repetir esa viaxe a aquela cidade... Así comeza a súa historia: Érase un soño.