VOADORA: Waltz
Dirección: Marta Pazos
Intérpretes: Jose Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres
Espectáculo seleccionado no Circuíto Rede Nacional de Teatros Alternativos 2013. Voadora recibe o Premio da Crítica 2013 por
Waltz e
Tokio3
En
WALTZ a vida é un salón de baile onde imos cambiando de parella: hai as que che pisan os pés, outras agárranche forte pola cintura, a algunhas súanlles as mans e con outras bailarías toda a eternidade.
"A habilidade da compañía está na combinación dun sentido de humor sarcástico, do convencemento de que na parodia hai un xeito de interpretación do mundo (...)
Waltz non trata de facer comedia sobre o amor, que é un asunto moi serio. A intención é facer comedia sobre o modo no que practicamos o amor" La Voz de Galicia
"A través da música en directo e dunhas letras escritas con orixinalidade e mestría son capaces de manter en todo momento a atención do público facendo que este se sinta parte do espectáculo" Teatro Galego.com