Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

EME2 EMOCIÓN&ARTE: O príncipe e o parrulo

Público infantil: a partir de 3 anos

Esta é unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. Pero esta pequena historia fala de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Decátanse de que non hai nada tan grande coma un amigo.
Este espectáculo mestura as marionetas coa interpretación de dúas actrices, Lucía Regueiro e Rocío González, para contarnos unha fermosa historia sobre o valor da amizade e a solidariedade. Nunha sinxela posta en escena, a música, composta por Fran Lausen, antigo membro de Oskorri, ten un papel protagonista.
Autoría: Javi Tirado e Jokin Oregi
Dirección: Alex Díaz
Escenografía: Javi Tirado
Deseño de son e música: Fran Lasuen
Deseño de iluminación: Javi Ulla
Elenco: Rocío González e Lucía Regueiro
Duración: 55’

Datas anteriores

27 de decembro - 28 de decembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)