Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO ANTROIDO: BailadELAS

Autoría: Roi Vidal / Adaptación sobre textos de R. Vidal Bolaño
Dirección: Xavier Estévez

Composto por cinco cadros escénicos tirados dos textos de Roberto Vidal Bolaño Laudamuco, señor de ningures, Bailadela da morte ditosa, Saxo tenor, Rastros e Criaturas, BailadELAS aborda a importancia da muller nos textos do autor na procura das liñas mestras que caracterizan as súas personaxes femininas e demostra, neste sentido, ata que punto a muller atopa no conxunto da súa creación escénica un papel en sintonía coa exaltación da dignidade e a loita pola liberdade como temáticas recorrentes do universo bolañano.
O espectáculo articúlase arredor de diferentes monólogos, presentados e ensamblados entre si por unha personaxe central -inspirada tamén noutro dos textos do dramaturgo, Sen ir máis lonxe- a través da conversa que mantén con outro personaxe mudo sobre o ben e o mal, o xusto e o inxusto. Tamén o resto das mulleres desta montaxe achéganlle ao espectador un amplo abano de liñas argumentais moi presentes na obra de Roberto Vidal Bolaño: o poder liberador da revolución diante do servilismo, a xente sen esperanza, a afouteza e a incredulidade ante metas utópicas, o amor e o desamor, a soidade non elixida ou a crítica retranqueira, entre outras.
Composición musical: Anxo Graña
Escenografía: Teatro Antroido
Audiovisual: Tingalaranga
Elenco: Laura Ponte

bailadelas

Datas anteriores

19 de decembro - 21 de decembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)