Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

AULA DE TEATRO DA USC: Apnea (Variación 2ª)

Estrea

Universidade de Santiago de Compostela. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Aula de Teatro
Texto e Dirección: Roberto Salgueiro

Hai algunhas veces en que a palabra é poesía. Hai certas ocasións en que a palabra se volve materia. Mais pode haber aínda outras, as menos, en que todas as liñas de forza dun espectáculo teatral conseguen que a palabra se volva poesía e, ao tempo, que a poesía cobre corpo. Apnea […] é "libreto coreográfico" en que todas as liñas de forza da representación abeiran o lírico, xogan co sublime para logo incidiren con máis forza -e crueldade- na mensaxe […] entretecendo, a modo de mallas, unha obra chea de emocións éticas e estéticas.

Iolanda Ogando. Tempos, 76, xuño 2003
Reparto (por orde de intervención):
Home con paraugas: Marcos Montiel
Muller que xira: Alba López
Pai: Carlos Hermida
Muller da Pont Neuf: Aldara Cidrás
Home que saltaría a corda: Miguel Gendre

Espazo Escénico, Iluminación e Figurinos: Roberto Salgueiro
Arranxos de Vestiario: Clotilde Vaello
Cartel e Programa: Gerardo Fuentes
Técnico de Iluminación: Raúl Giraldo (Rta)
Técnico de Son e Asistencia de Dirección: Clara Martin



APNEA

Datas anteriores

17 de decembro
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)