Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA: Sabe deus pintar o diabo

Autoría: Abel Neves
Dirección: Rui Madeira

Andan por aí. Viñeron de preto, pero de onde non sabemos. Os seus nomes sonnos revelados: Feliciano e Raimundo. Abrigados no último piso dun vello edificio, escolleron ser autores dunha especie de fin do mundo. Cómplices dunha acción degradante con motivos que fan pensar a lama onde a humanidade repetidamente se deixa atrapar, Feliciano e Raimundo, amigos de circunstancia, considéranse portadores dunha razón capaz de dar acerto ao mundo, e non se aflixen coa opción que decidiron, pero senten o nerviosismo que algún humor inquietante deixa translucir. Encontráronse e o que sabemos é que se entenderon para un xogo de exterminio. As súas biografías, se as coñecésemos ao pormenor, non darían para explicar o que son capaces de facer. E o que eles fan nunca debería facerse. (Abel Neves)
Escenografía e figurinos: Pintor Alberto Péssimo, Arqtº Jorge Gonçalves
Deseño de iluminación: Fred Rompante
Deseño de son: Pedro Pinto
Elenco: António Jorge, Carlos Feio, Nzady
Idioma: portugués

Sabe Deus Pintar o Diabo

Datas anteriores

31 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)