TEATRO NACIONAL DONA MARIA II (Portugal): Gil Vicente na horta
Debut en Galicia do lisboeta Teatro Nacional Dona Maria II
Funcións promovidas pola Agadic en colaboración co Concello de Santiago
A partir de O Velho da horta e outros textos de Gil Vicente
O Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa pon en escena esta peza construída a partir de
O Velho da horta, e outros textos de Gil Vicente, primeiro autor en lingua portuguesa que marcou a transición da época Medieval ao Renacemento. Nesta farsa, onde se exalta a vitoria da xuventude contra a vellez e a morte, o espectador é colocado diante dunha intriga enxeñosamente construída.
O Velho da horta é unha peza de enredo, na que se desenvolve unha acción continua e encadeada cun personaxe marcado polo conflito entre a razón e o sentimento amoroso: "Que morrer é rematar" e "amor non ten saída". A partir do sono-pesadelo do Velho, evócanse neste espectáculo algunhas das máis importantes obras de Gil Vicente:
Todo o mundo e ninguém,
Barca do Inferno,
Auto da Cananeia,
Auto da Alma,
Auto da Festa,
Auto Pastoril Português,
Tragicomédia do Inverno e Verão e
Auto da Índia.
A intemporalidade da obra de Gil Vicente é recuperada neste espectáculo popular, sagrado e profano que atravesa o tempo ata hoxe cunha cativante perspectiva sobre a sociedade contemporánea.
Dirección e escenografía: João Mota
Figurinos: Carlos Paulo
Deseño de luz: José Carlos Nascimento
Dirección musical e sonoplastia: Hugo Franco
Elenco: João Grosso, José Neves, Lúcia Maria, Manuel Coelho, Maria Amélia Matta, Alexandre Lopes, Marco Paiva, Simon Frankel e Bernardo Chatillon, Joana Cotrim, Jorge Albuquerque, Lita Pedreira, Luis Geraldo e Maria Jorge
Idioma: portugués