Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Vertixe Sonora Ensemble. Xornadas de música contemporánea

Organiza: Concello de Santiago de Compostela

Colectivo flexible que integra destacados solistas de música contemporánea de Galicia e Portugal, Vertixe Sonora Ensemble favorece un espazo aberto á reflexión, discusión e intercambio no campo da música contemporánea. Está formado por artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e a danza cunha común vontade por desenvolver propostas musicais que teñan unha perspectiva artística global e que encontren na busca da excelencia artística e no forte compromiso coa música e os creadores do noso tempo a súa razón de ser.
Xorde para favorecer a creación de producións musicais de actualidade, manter unha estrutura estable de encargos e dinamizar o espectro sonoro contemporáneo desde o vértice peninsular dunha forma que resulte significativa a nivel internacional.
A partir dunha conciencia da multiplicidade no achegamento ao sonoro establece un constante diálogo e interacción co pensamento, a ciencia, a tecnoloxía e outras formas artísticas desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural que non renuncia nin ao rigor, nin á transgresión nin ao espírito de vangarda.

Programa:
- Generación Kill, batalla final
Esaias Jarnegard (1983)
Nattarbette* (2009)
Stefan Prins (1979)
Generation Kill*, para percusión, guitarra eléctrica, violín, violoncelo
4 game controllers, 4 vídeo-proxeccións e electrónica en vivo (2012)
Alberto Posadas (1967)
Versa est in luctum, para saxofón, acordeón, violoncelo, percusión e electrónica (2002)
* Estrea en España

Datas anteriores

22 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)