Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

BAOBAB TEATRO: Fíos

Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer
Actriz e titiriteira: Andrea Bayer

Programa de Festas do Apóstolo

Organiza: Concello de Santiago de Compostela
Colabora: Secretaría Xeral de Cultura e Agadic

Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

En Fíos os personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións. Así, coñeceremos a Lobo, un lobo tenro que só se quere namorar; Dona Margarita que viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito que descubrirá que quere ser de maior.

Dirección de manipulación: Óscar Ferreira
Voces en off nenas: Uxía, Aroa e Carlota
Voces en off: Óscar Ferreira, Andrea Bayer e Luis Bayer
Deseño de escenografía, atrezzo e monicreques: Ideas Ambulantes (Begoña Paz e María Paz) e Óscar Ferreira
Vestiario: Mª Teresa LLoves, Lolita Lago
Escenografía: María Paz, Begoña Paz e Óscar Ferreira
Deseño de iluminación: Daniel Abalo
Música: Elena Paz, Xosé Liz e Diego Paz
Guión: Andrea Bayer
Iluminación e son: Daniel Abalo

Entrada de balde. Os convites poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal (Rúa Nova, 21) desde o día 22 de xullo en horario de 17.30 a 20.30 horas
Fíos

Datas anteriores

23 de xullo
/// 19.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)