Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Concerto de Xosé Constenla + convidados


Entradas á venda na web www.xoseconstenla.com

Xosé Constenla AO VIVO é o proxecto de gravación en directo do terceiro traballo discográfico deste cantautor compostelán. Despois de 18 concertos por distintos lugares do país acompañado polo pianista de grande traxectoria Javier Constenla, Xosé Constenla aproveitará para gravar ao vivo e en directo un novo disco. Para esta ocasión reuníu unha banda de músicos de recoñecido prestixio formada por Leo Gianetto (guitarras), Javier Constenla (teclados), Kike Calzonetti (baixo) e Rober Vázquez (batería). No concerto fará repaso dos seus dous discos anteriores e presentará 12 temas inéditos.

Ademáis, contará coa participación de artistas convidados que significan unha referencia na súa carreira musical. Entre eles, destaca o cantautor madrileño Javier Bergia -con máis de 12 discos gravados en solitario e habitual colaborador de Ismael Serrano- e Litus -cantante e compositor catalán que está a ter un importante éxito no panorama musical español-. Para esta ocasión tamén contará coa presenza de artistas galegos como os cantutores Roberto Sobrado e César de Centi ou o frautista do Taller Atlántico Contemporáneo e da Real Filarmonía de Galicia, Luis Soto.

Xosé Constenla escolleu o Salón Teatro de Compostela, a súa cidade natal, para levar a cabo este fermoso e emocionante proxecto, coa confianza de que -coa colaboración insustituible do público- logren conxuntamente provocar un sinecismo a modo de acicate espontáneo ou "faísca" que estimule a creatividade social consecuencia de convivir xunto a outras persoas, nunha noite máxica e inesquecible.
Xosé Constenla

Datas anteriores

28 de xuño
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)