Flores para Amalia
Curtametraxe
Guión e dirección: Nani Matos
Elenco: Gonzalo Uriarte, Mela Casal, Xan Cejudo, Susana Dans, Teté García, Santi Cortegoso, Machi Salgado, Luis Iglesia B., Xose M. Esperante, Avelino González
Amalia e Alfonso pasan os últimos anos da súa vida nunha residencia de maiores. A enfermidade de Amalia fará que Alfonso tome unha desisión.
Nota do autor:
Esta curtametraxe fala de conmoverse co máis cercano, cos pequenos xestos da vida. Unha historia da vida cotiá. Esas historias que moitas veces pasan diante de nós case sen decatarnos. Quizais porque a maioría dos que as protagonizan, pasan inadvertidos para unha sociedade que non se para a mirar cara atrás.
Flores para Amalia acaba de recibir o premio do público e do xurado dos veciños á mellor curtametraxe de ficción na décima edición do Festival de Cans.