I Festival de Cine y Televisión Camino de Santiago
O Festival de Cine y Televisión Camino de Santiago mostrará unha ampla mostra dos filmes e as series de televisión españolas realizadas nos últimos tempos. A cita pretende "promover que estas películas novas e inéditas cheguen aos espectadores, e tamén facilitar ao público o acceso aos seus creadores.
PROXECCIÓNS:
LECCION DEBIDA: Sección Oficial
3 de xuño 18:00 horas
Director: Iván Ruiz Flores
Xénero: Fantastico
Duración: 62 min
Ano:2012
Intérpretes: Txema Blasco, Montse Díaz, Marta de Frutos, Ramiro Melgar, Roberto arón, Mar García.
Sinopse: Hai un ano, as vidas de Xullo, Luz e Saúl cruzáronse. Non obstante, esa casualidade non foi casual. E Alejandro viuno. Alejandro vense atrapados nunha proba onde continuar con vida é só consecuencia dos seus propios actos. Alejandro inventou un taboleiro onde Luz non sabe que peza mover. Ten medo e ten que elixir, pero elixir non implica ter liberdade.
CAMINOS DE PAZ: LAS OTRAS VOCES DE ISRAEL Y PALESTINA: Premio Solidario
3 de xuño 20:00 horas
Directora: Luisa Pérez Puga
A PUERTA FRÍA: Sección Oficial
3 de xuño 22:00 horas
Director: Xavi Puebla
Xénero: Drama
Duración: 80 min
Ano:2012
Intérpretes: Antonio Dechent, maría Valverde, Nick Nolte, José Luis García Pérez, Alex O'Dogherty, José Ángel Egido, Cesareo Estevez
Sinopse: Salva (Antonio Dechent) é un vendedor sevillano en apuros que non sabe como solucionar os seus problemas. Nunha feira de vendas coñece a Inés (María Valverde), unha bela azafata de congresos á que pide axuda. Ambos os dous organizan un plan no que está implicado Battleworth (Nick Nolte).
LA NOCHE QUE DEJÓ DE LLOVER: Rodado en Compostela
4 de xuño. 18:00 horas
Director: Alfonso Zarauza
Xénero: Drama
Duración: 90 min
Ano:2009
Intérpretes: Luis Tosar, Nora Tschimer
Sinopse: Spleen (Luis Tosar), un tipo pouco corrente, pasa as noites filosofando ata o amañecer en compañía dos seus amigos de La Taberna de los Dramáticos, santuario bohemio ao que non falta nin unha noite dende hai anos. Despois de tres meses de chuvia ininterrompida, de pronto esa noite deixa de chover. É entón cando Spleen sae a comprar pan e coñece a La Rusa (Nora Tschirner), unha loura con flocos na que materializa as súas ilusións. Xuntos iniciarán unha viaxe inesperada, tenra e surrealista a través da noite e do interior deles mesmos que transformará as súas vidas por completo...
INEVITABLE: Sección Oficial
4 de xuño. 20:00 horas
Director: Jorge Algora
Xénero: Drama
Duración: 97 min
Ano:2013
Intérpretes: Darío Grandinetti, Federico Lupi, Mabel Rivera
Sinopse: Fabián (Darío Grandinetti) traballa como executivo nun banco. Tras a morte dun compañeiro de traballo, o home entra en crise. Mariela (Carolina Peleritti), a súa muller, é psicóloga e ten como paciente a Olga (Mabel Rivera), unha muller amargada que trata de envorcar a súa frustración sobre a terapeuta. Fabián coñece entón un famoso escritor cego (Federico Luppi), que intenta axudalo. Guiado polos seus consellos, Fabián forza unha relación con Alicia (Antonella Costa), unha nova escultora, á que ve como o seu amor inevitable.
FRONTERA: Sección Oficial
4 de xuño. 22:00 horas
Director: Manuel Perez Caceres
Xénero: Drama
Duración: 80 min
Ano:2012
Intérpretes: Christian Dolz, Aida Oset, Juan Carlos Aparicio, Alicia González
Sinopse: Un grupo de teatro ensaia unha versión de 12 homes sen piedade cando os interrompe unha alarma. Encontrámonos dentro da prisión de Quatre Camins e o sinal indica o illamento dos módulos. O grupo, integrado por seis presos e oito persoas do exterior, permanecerá illado por unha epidemia de orixe descoñecida. A falta de información e o temor a un posible contaxio poñerá a proba a súa fortaleza e cambiará para sempre as súas vidas. O individuo fronte ao grupo, inocentes ou culpables?
ALI: Sección Oficial
5 de xuño. 18:00 horas
Director: Paco R. Baños
Xénero: Drama
Duración: 88 min
Ano:2012
Intérpretes: Nadia de Santiago, Verónica Forqué, Adrián Lamana, Luis Marco, Julián Villagrán, Angy Fernández.
Sinopse: Alicia vive no "país de Ali", un lugar onde non é fráxil nin vulnerable. Ten dezaoito anos, unha nai, dúas amigas, un veciño e un traballo nun supermercado. Aínda que pensa que o controla todo, agora Ali namorouse e ten que atreverse a abandonar o país de Ali para asomarse ao país de Alicia.
PATINANDO EL CAMINO
CAMINO, THE JOURNEY TO SANTIAGO
EL CAMINO DE LOS SENTIDOS: No Camiño
5 de xuño. 20:00 horas
-
Patinando el camino:
Director: Anuska Gil
Xénero: Doc-seriado
Duración: 25 min
Ano:2013
Sinopse: "Patinando el Camino" é un proxecto audiovisual no que Anuska Gil percorre en patíns o Camiño desde Jean Pied de Port (Francia) a Santiago de Compostela, homenaxeando mulleres que destacan polo seu labor humanitario.
-
Camino, the Journey to Santiago:
Director: Matthew Nothelfer y Alicia Wszelaki
Xénero: Documental
Duración: 15 min
Ano:2012
Sinopse: Esta curtametraxe documental narra a aventura da peregrinación cara a Santiago desde unha perspectiva impresionista, a través da ruta francesa e ao longo da Península Ibérica, co obxectivo de que o espectador descubra mentres o ve cal podería ser o descubrimento sobre si mesmo que acharía realizando este traxecto secular.
-
El Camino de los sentidos:
Director: Vicor Bello
Xénero: Documental
Duración: 52 min
Ano:2010
Sinopse: Documental que narra a fazaña de Gerardo, un mozo sordocego que se propón facer o Camiño de Santiago desde Roncesvalles co seu amigo Javier, un policía local de Vigo que o acompaña dende hai trece anos. Con esta viaxe como punto de partida, "El Camino de los Sentidos" intenta achegarse á situación da comunidade sordocega por medio de Gerardo, poñendo de manifesto os avances e os erros que se cometeron no ámbito das persoas sordocegas.
ÁREA DE DESCANSO: Sección Oficial
5 de xuño 22:00 horas
Director: Michael Aguiló
Xénero: Drama/Comedia
Duración: 97 min
Ano:2012
Intérpretes: Jaroslaw Bielski, Enma Suárez, Alex Angulo
Sinopse: Cosmos é un polaco de 55 anos e condutor de autocares que viaxa co seu vehículo cargado de turistas cara a España. Durante o traxecto sofre unha avaría e vese obrigado a deterse nunha área de descanso. Só xunto ao seu autocar, sen luz, sen auga e sen comida, aínda así, consegue sobrevivir grazas á xenerosidade dalgúns viaxeiros durante 14 días mentres espera a peza de reposto que o levará de volta á casa.
DOENTES: Rodado en Compostela
6 de xuño. 18:00 horas
Director: Gustavo Balza
Xénero: Drama
Duración: 85 min
Ano:2011
Intérpretes: Antonio Durán 'Morris', Xosé Manuel Olveira 'Pico', Álvaro Guevara
Sinopse: "Doentes" conta a historia de Valeriano e Cañete, dous personaxes marcados que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos cincuenta. O desmantelamento do vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo enche as rúas de Santiago de Compostela de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Acontece que a noite é negra, como o futuro, como o corazón dos homes, como o país, e se volve longa, longuísima. Así, unha noite de apracible vagabundeo convértese nunha tola carreira pola supervivencia de dous estraños amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, e con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, mañá.
EL MUERTO Y SER FELIZ: Sección Oficial
6 de xuño. 20:00 horas
Director: Javier Rebollo
Xénero: Drama
Duración: 94 min
Ano:2012
Intérpretes: José Sacristán, Roxana Blanco
Sinopse: Cando un asasino a soldo español, ingresado nun hospital de Bos Aires, se decata de que está a punto de morrer, escapa e diríxese ao norte atravesando todo o país. Foxe por estradas secundarias nunha especie de tranquila peregrinación que ten algo que ver cunha moderna novela de cabalarías. Unha muller que encontrou na estrada será o seu escudeiro neste continuo avanzar fuxindo da morte e correndo, ao mesmo tempo, cara a ela.
LA LAPIDATION DE SAINT ÉTIENNE: Sección Oficial
6 de xuño. 22:00 horas
Director: Pere Vilà i Barceló
Xénero: Drama
Duración: 88 min
Ano:2012
Intérpretes: Lou Castel, Marie Payen, Luis Rego, Elsa Toro
Sinopse: Étienne é un ancián enfermo que vive rodeado de toda clase de obxectos que acumulou ao longo do tempo. Son recordos dun pasado tráxico que non quere olvidar. A súa soidade diaria, non obstante, vese atacada polo mobbing que fai Jeanne, a propietaria do piso onde vive, que xunto cos veciños e os servizos sociais teñen por obxectivo botalo do seu fogar. Pola súa banda, Étienne non ten ningunha intención de abandonar o seu piso, xa que vive aferrado á convicción de estar a convivir coas presenzas da súa muller e a súa filla xa falecidas. Un accidente doméstico deixará a Étienne mal ferido dentro da súa vivenda. Coas súas últimas forzas intentará pedir axuda, pero só descubrirá a falta de humanidade daqueles que o rodean.
Máis información en
www.caminodesantiagofestival.es