Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

INVERSA TEATRO: Kamouraska

Dramaturxia e dirección: Vanesa Sotelo
Elenco: María Caparrini, Beatriz Campos e Marta Pérez

Entre o encerro e o refuxio. Kamouraska é un lugar mental no que as súas tres habitantes (entre humanas e caninas) teñen a posibilidade de reinventar un universo con regras propias no que o xogo é rirse da infelidade para ser feliz.

O desequilibrio entre a necesidade e a imposibilidade de amar, de pertencer a un lugar e de soñar dá pé a un espectáculo de corte contemporáneo e carácter asociativo que procura o riso como vía de escape ante o violentísimo acto de existir.

Pensada como unha comedia cruel dentro dunha traxedia subterránea, Kamouraska ofrece once embates percorridos de excentricidade, elementos grotescos e desenfadados que desembocan nun cambio de pel das actrices en escena.
Espazo sonoro: Juan Hernández (Ronett Studio)
Escenografía: La Böcöque
Deseño gráfico: María Rodríguez
Fotografía e web: Orzo Abrunheiras. Pez de Plátano. Adrián Figueroa
Vestiario: Inversa Teatro

kamouraska

Datas anteriores

1 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)