Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

REFÓRZANOS CONCERTO DA ESCOLA LIVRE DA MÚSICA POPULAR GALEGA

Organiza: Central Folque

Este concerto especial do alumnado e profesorado da Escola Livre da Música Popular Galega (MPG), centro de estudos en Santiago de Compostela, brinda a oportunidade de ver diferentes proxectos en palco: o Ensemble vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremusynska, o Combo Instrumental Folque de Pedro Pascual, o Noticiario Folk 1932 coa banda sonora ao vivo de Comisa Bal, e as actuacións de Guadi Galego e Os Cempés cos mozos e mozas da Escola Livre da MPG.

Os artistas colaboran xenerosamente neste concerto e os fondos recadados axudarán a facer sustentable a Escola Livre e a súa continuidade.
reforzanos

Datas anteriores

25 de maio
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)