Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Shoots from Abyssinia

Filme Documental - estrea

De Ovidio Fernández
Protagonizada por Abdul Fernández Fondevila

Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar á súa terra despois de catro anos residindo en Europa. O seu pai dálle un libro, Historia da Etiopía, escrito en portugués hai 400 anos polo frade castelán Pedro Páez. O rapaz empregará este libro como guía perseguindo os pasos do autor. Pouco a pouco a presenza da sombra, do espírito de Pedro Páez, faise máis real, máis latente. Tamén se vai facendo máis real, máis latente, Etiopía.
A historia, planeada como viaxe iniciática, chega ao clímax cando finalmente descobre as fontes do Nilo, aquelas que Pedro Páez, 400 anos atrás, descubrira para o mundo. O simbólico bautismo naquelas augas funde lenda e realidade dun neno co seu país, co seu río, coa vida.

Esta longametraxe é a culminación dun traballo que se iniciou no verán de 2010 coa rodaxe no norte de Etiopía. A película xorde nun principio para amosar Etiopía, un país completamente descoñecido para a gran maioría da xente que vive ao norte e de costas ao continente africano.

O 10% dos beneficios que se obteñan da comercialización da película será entregado ao Padre Olaran en Wukro (Etiopía) para axudarlle a desenvolver o seu proxecto.

Máis información en www.ovidiofernandez.com
Imaxe, guión e montaxe: Ovidio Fernández Sánchez
Produción: Catarina Fernández Fondevila
Asistencia ao guión: Xandra Tedín Mouzo, Ana Cadenas Pérez e Eva Sandino
Duración: 101 minutos.

abyssinia

Datas anteriores

23 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)