Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

MATRIOSHKA TEATRO: C'est la vie

Dirección e dramaturxia: Marta Pazos
Texto: Matrioshka Teatro

C’est la vie é vida condensada. Unha reflexión intensa e caleidoscópica sobre o tempo e os seus rastros. Matrioshka tende aquí fíos entre a sorpresa de recoñecerse nese segundo que nos cambia a vida e a excitación de comprender que as horas se aceleran proporcionalmente á velocidade do corazón.

Ensamblada peza a peza coma un delicado mecanismo de reloxería, mimada ata o máis mínimo detalle para lograr que o espectador se erga da butaca sentíndose tocado por unha brisa fresca e evocadora, C'est la vie ten o poder de arrastrar a quen a ve a un universo inesperado e fascinante.

Elenco: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
Deseño de vestiario e coreografía: Uxía P. Vaello
Xastra: Cloti Vaello
Escenografía e Atrezzo: Maraña
Maquillaxe e Perruquería: Trini F. Silva
Iluminación e Son: Javier Quintana
Fotografía: Inés Salvado
Realización e edición de vídeo: Emilio Carral
Deseño: Maraña
Produción: Matrioshka Teatro
Distribución: Culturactiva
C’est la vie é un espectáculo dirixido a público a partir de 14 anos e a súa duración aproximada é de 60 minutos

cest_la_vie_300x300

Datas anteriores

20 de maio - 21 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

19 de maio
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)