Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

OS MELIDAOS: Axudádeme a cantar


O grupo de música tradicional Os Melidaos presenta o seu segundo disco que leva por título Axudádeme a cantar, no que incorporan as voces dos seus membros, acompañando ós intrumentos musicais tradicionais. Este disco, que foi gravado nos estudos Abrigueiro, de Friol, está composto por catorce pezas, varias delas cantadas, e algunhas compostas por membros do grupo. É o caso do Pasodoble de Marcelino, o veterano gaitero, Marcelino Vázquez, e a peza "Pasando pola vila de Arzúa", que compuxo a voz principal do grupo, e mestre musical, Antonio Raposo.

Os Melidaos nacen en Melide, no ano 2001, pola unión de músicos de diferentes xeracións e varias procedencias, os cales consideraban que a música tradicional é un tesouro que debemos de conservar. Gravaron o seu primeiro disco en 2009, o cal titularon Que ben baila, que ben baila, e neste segundo inclúen por vez primeira, as voces dalgúns dos seus membros.

Os seus integrantes son: Marcelino Vázquez (gaita), Pepe Taboada (clarinete, gaita e voz), Pepiño Blanco (bombo e voz), Xosé Luis Casal (tamboril, pandeireta e voz), Xele Barrio (acordeón, pandeireta e voz) e Diego González (gaita, pandeireta e voz).

Seis xenios, que poñen todo o seu saber e valer en exaltar a nosa música tan enxebre, que levan no corazón.
os_melidaos

Datas anteriores

11 de maio
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)