Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO ANTROIDO, en coprodución co CDG: BailadELAS (seis mulleres bolañesas)

Dirección: Xavier Estévez
Autoría: Roi Vidal a partir de textos de Roberto Vidal Bolaño

Teatro Antroido foi a compañía coa que, a principios dos anos setenta, Roberto Vidal Bolaño deu o paso cara á profesionalización escénica. Laura Ponte, a persoa que o acompañou nesa aventura, rescata agora esta estrutura teatral para, a xeito de homenaxe, reivindicar un tempo e un país a través da ollada de seis personaxes femininas representativas do universo literario bolañano e que responden a fragmentos das obras Laudamuco, señor de ningures, Bailadela da morte ditosa, Saxo Tenor, Días sen gloria, Rastros e Criaturas.
Elenco: Laura Ponte

Datas anteriores

9 de xuño
/// 21.00

Redondela
Multiusos da Xunqueira

31 de maio
/// 21.30

Lalín
Salón Teatro

26 de maio
/// 20.30

Betanzos
Aula Municipal de Cultura

25 de maio
/// 20.30

Brión
Centro Social Polivalente

24 de maio
/// 21.00

Ames
Casa da Cultura do Milladoiro

18 de maio - 19 de maio
/// 21.00

Santiago de Compostela
Teatro Principal

16 de maio

Ourense
Auditorio Municipal
(Dúas funcións: escolar ás 12.00 h e xeral ás 20.30 h)

14 de maio

Santiago de Compostela
Teatro Principal
(FUNCIÓNS ESCOLARES)

12 de maio
/// 20.30

Ponteareas
Auditorio Municipal Reveriano Soutullo

9 de maio
/// 20.30

Narón
Pazo da Cultura

4 de maio
/// 21.00

Rianxo
Auditorio Municipal
(ESTREA)