Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

DIEGO ANIDO: mostra aberta do espectáculo Symon Pédícrí


O artista escénico Diego Anido escenificará o núcleo do seu vindeiro espectáculo, Symon Pédícrí, no momento actual de creación no que se atopa, ao longo duns 30 minutos de actuación en solitario.

A sesión pública no Salón Teatro incluirá tamén un coloquio entre os asistentes e o artista para explicar as claves desta proposta que parte do personaxe de Symon Pédícrí, un dos últimos descendentes dunha familia dedicada á cría e mellora das razas equinas, que utiliza os seus coñecementos científicos para dar un paso máis alá: crear un novo ser que supere a súa imaxe e semellanza.

Os espectadores que accedan ao patio de butacas asumirán o rol de micromecenas do espectáculo mediante o pagamento do prezo das localidades, que será inferior ao habitual e se destinará directamente a sufragar parte dos custos da produción.

Datas anteriores

2 de marzo
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)