ELEFANTE ELEGANTE: Iliria
Autoría: creación colectivaa partir de Noite de reis de William Shakespeare
Elenco: Fredi Muíño, Iria Pinheiro, Gonçalo Guerreiro e María Torres
Na illa de Iliria o Duque Orsino morre de amores por Olivia, pero a pesar das románticas cancións portuguesas que lle dedica, o seu amor non é correspondido. Ao mesmo tempo, dous irmáns xemelgos, Violeta e Sebastián, naufragan na costa de Iliria. Violeta vese obrigada a disfrazarse de home coas roupas do irmán para poder sobrevivir nun país estranxeiro. Pero Sebastián tamén se salvou, e sen saber un do feliz destino doutro, acaban por crear os máis divertidos equívocos amorosos.
A compañía Elefante Elegante presenta
Iliria, un espectáculo de teatro, música e movemento a partir de
Noite de Reis de William Shakespeare, para maiores de 12 anos. O texto fusiónase coa danza, co mimo e a acrobacia en tecido aéreo creando un fondo plástico e poético onde se desenvolve a trama cómica da peza.