TALÍA TEATRO: Pelos na lingua
Autoría: Avelino González, Séchu Sende, María Ordóñez e Artur Trillo
Dirección: Avelino González
A compañía ceense presenta a segunda parte de
Bicos con lingua, un espectáculo estruturado en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega.
Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos): aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, todos e todas.
Pelos na lingua acadou os premios María Casares e Max ao mellor texto teatral en galego.