Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CÁNDIDO PAZÓ: Decamerón. Historias para tempos ruíns

Dirección: Cándido Pazó
Produción: Abrapalabra Creacións Escénicas

Conta Boccaccio que, fuxindo dun mortífero andazo, uns mozos toparon refuxio nunha bucólica quinta campestre e, para se entreter, deron en se contar historias uns aos outros. Era en Florencia, no século XIV. Fuxían da peste bubónica. A nosa, aquí e hoxe, é a peste económica. Un andazo do que, a maioría, non podemos fuxir. Bo será, cando menos, toparnos no teatro un divertido e reconfortante refuxio para retomar forzas.

Decamerone, o libro de contos escrito no s. XIV por Giovanni Boccaccio, é un dos fitos narrativos da literatura europea e figura entre as lecturas máis celebradas ao longo dos séculos. Prohibido pola Inquisición, rebordante de humor e sentido gozoso da vida, impregnado de erotismo, rompe co tenebrismo medieval e anuncia a luz do Renacemento.

Na versión de Cándido Pazó adaptouse unha presa de contos do orixinal. Os máis divertidos, os máis mordaces, os que teñen máis proveito metafórico en relación coa actualidade, aqueles máis acaídos para o noso particular tratamento escénico. Nun número e ton que se modula segundo o tipo de espectadores: público xeral (para o que, en principio está pensado o espectáculo) ou público escolar (2ª ciclo de ESO ou bacharelato).

Cunha escnografía práctica pero de gran potencia metafórica e plástica, unha música composta segundo o espítito e o carácter que a peza require e unha coidada iluminación escénica que debuxa as atmosferas, cómicas ou poéticas, que o texto suxire.
Autoría: Giovanni Boccaccio
Adaptación e cómico-narrador: Cándido Pazó
Composición e dirección musical: Manuel Riveiro
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Deseño gráfico: miramemirá
Colaborador na produción: Avelino Cores "Fáber"
Distribución: PemáisPe
Axudante de dirección e xefe técnico: Afonso Castro
Produción: Belén Pichel

Decameron

Datas anteriores

27 de xaneiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

24 de xaneiro - 26 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

24 de xaneiro
/// 12.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)