Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO DO NOROESTE: Linda and Freddy, ilusionistas

Dirección: Eduardo Alonso
Elenco: Luma Gómez, Eduardo Alonso, Lino Braxe, Alejandro Carro

Unha comedia post - crise, que aposta por unha saída con imaxinación.

Linda and Freddy, ilusionistas é un espectáculo comprometido coa realidade máis actual e complexa: a crise que domina Europa. Pero esta realidade transfórmase rapidamente. Agora parece que o caos está máis próximo, que estamos máis cerca do abismo. Con respecto a esa situación, digamos, externa, Linda and Freddy, ilusionistas sitúase despois do caos, a outra banda do que vaia acontecer. Xa non somos Europa, somos o caos e a revolta constante. A iso levou a política dos líderes europeos, a transformar Europa nun campo de batalla onde os saqueos, as manifestacións desorganizadas, os incendios provocados, os asaltos están á orde do día. As persoas de ben non queren saír das súas casas, e quen se aventura a facelo, arríscase a non volver, a ser asaltado ou a perecer nas constantes revoltas nas rúas. Linda and Freddy, ilusionistas presenta un panorama externo desolador pos - crise. E pechados na súa casa, tentando estar a cuberto do que acontece nas rúas, están as personaxes desta obra, Linda e Freddy, nunha casa na que lle cortaron todo, a luz, o teléfono, mesmo case o aire para respirar, alí agochados, sen atreverse a saír máis que para realizar a pequena compra diaria das súas provisións. Pois, parece ser, que Linda e Freddy formaron unha famosa parella de ilusionistas que recorreron os teatros de Europa cos seus espectaculares trucos de maxia e os seus números de variedades. Agora, posiblemente retirados á forza, agardan unha chamada que os contratará de novo para xirar polos grandes circuítos europeos e mundiais. Soñan cunha xira por Rusia, único país que queda onde un traballo como o seu é recoñecido e admirado. Na súa espera sen fundamento, agochados nunha estancia case en ruínas, os dous artistas rememoran os seus supostos momentos de gloria pasada. E rememorando aqueles momentos reinterpretan, agora xa sen facultades, os mellores números da súa vida. Uns números cheos de cancións, xogos de maxia e variedades múltiples. Segundo progresa o espectáculo, as personaxes comezan a decatarse que nunca recibirán a chamada tan agardada que os sacará da miseria, caen na conta de que agardan algo que nunca chegará, entón deciden preparar o seu número máis importante, a súa máis celebrada actuación. Un espectacular número de maxia dunha das súas brillantes especialidades, o escapismo. Pero en vez de facer desaparecer a súa axudante, a el mesmo, Freddy e Linda teñen a idea máis grande de todas as ideas, a idea nai. Van facer desaparecer ao resto do mundo. Loxicamente este obra fala da situación actual e aparentemente sen saídas da sociedade europea, especialmente da Europa mediterránea, pois, se cadra, Grecia irá a peor e España e posiblemente Italia seguirán os seus pasos. A saída terá que ser moi imaxinativa e posiblemente o futuro está á beira da cultura e o coñecemento e non á beira dos cartos, os bancos e a riqueza material.
Iluminación: Eduardo Alonso
Escenografía e indumentaria: Equipo Taetro
Música: Bernardo Martínez (Canción de Linda)
Fotografía: Tino Viz
Colaboración na dirección: Imma António

Linda & Freddy

Datas anteriores

13 de xaneiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

11 de xaneiro - 12 de xaneiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

10 de xaneiro
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: ESTREA