Cine: Tilda & Jean
Autoría, dirección e produción: Darío Autrán
Elenco: Carlos Blanco, Alba Messa, Iria Pinheiro, Mónica De Nut, Darío Autrán, Uxía Morán, Carlos Botana, Checho Teruel, Andrea Failde, Jorge López, José Montoto, Ariadna Ligero, Isabel Montijano, Sapoconcho
Cada mil anos encóntrase ao amor verdadeiro, e Jean tivo a sorte de ser o elixido por unha man divina (ou non tan divina). Nun estraño cuarto de hotel, seremos testemuñas dunha intensa e tortuosa historia de amor entre Jean e unha enigmática muller chamada Tilda. Unha misteriosa rapaza que o leva a vivir a aventura emocional máis grande da súa vida. Onde nada é o que parece e todo cambiará ao son dun descubrimento que botará luz á relación, que antes parecía "dunha soa noite".
Unha tenebrosa análise do universo dos amores novos, o proxecto Tilda e Jean constitúe unha reflexión sobre a grandeza e decadencia da loucura cega dos primeiros sentimentos antes de que chegue a paixón; e das representacións inescrutables e os cambios que se producen destes sentimentos a través do paso do tempo. Tilda e Jean son heroes dirixidos do noso tempo, e sabido é que o noso tempo apenas se dá heroes: feridos no máis fondo do corazón, namorados do día a día, desesperados por encontrarse, viven desexando o encerro en raros cuartos de hotel, onde mesturan os seus sonos e as súas sombras coa decoración, e camiñan como insignificantes figuras esperando o ditado dun novo Deus.
Entradas:
A entrada para asistir a esta proxección é por convite, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto dende as 18.30 horas.